Inauguramos o mes de novembro cunha nova sección que nos vai axudar a descubrir ou (re)aprender refráns galegos vinculados a cada mes. Xa sabedes que a sabedoría popular sempre manda, así que toca ir preguntándolle ao mundo, á xente que nos rodea que é quen máis sabe (case) sempre...
Todos os refráns que averigüedes vinculados co mes de novembro, rexistrádeos como un comentario a esta entrada e ireinos subindo á sección que xa podedes ver na marxe dereita do blog.
A que estades esperando? O mes, digo... o tempo voa!
Novembro,se as flores dan,colle o azafrán.
ResponderEliminarSe en novembro oes que trona,a seguinte colleita será boa.
Allo¿porque non medraches?Por que no San Martín non me plantaches.
Estes 3 dixomos miña avóa cando lle preguntei.
Rematado novembro, quen non sembrou, que non sembre. (Coral 3ªA)
ResponderEliminarGraciñas, Suso e Coral, por estes primeiros avances refraneiros. A listaxe comeza a medrar. Por certo, Coral, onde o descubriches? É bo que indiquedes quen son as fontes que vos aprenden estes refráns, como fixo Suso.
ResponderEliminarnovembro chuvioso, ano copioso
ResponderEliminarPor todos os Santos,os trigos sembrados e todos os froitos na casa encerrados.
ResponderEliminarPara todos os Santos a neve nos altos.
Estes refráns contoumos a miña avóa.
Que sabias son as avoas, verdade? Pois as nais tamén, velaí un que me "sopraron" a min hoxe:
ResponderEliminarNo mes dos mortos, mata os teus porcos.
Seguimos?
novembro acabado, inverno empezado.
ResponderEliminarEn San Andrés colle o porco polos pés.
ResponderEliminarPolo San Martiño mata o teu porquiño.
Polo San Martiño pan e viño.
En San Martiño deixa a auga e bebe o viño.
O verán de San Martiño, son tres días e mais un pouquiño.
Despois de San Martiño cada dia seu feradiño.
Dende santos a nadal, é inverno natural.
Díxomos miña avoa.