15/10/11

VOLVER A CASTELAO

Durante este 2011 lembramos a Castelao 125 anos despois do seu nacemento en Rianxo. Que mellor xeito de rememorar o autor que lendo a súa obra, non si? E tamén ollándoa, porque xa sabemos das múltiples habilidades de Castelao como narrador, dramaturgo, ensaísta político, humorista gráfico, debuxante, caricaturista...

Reparade neste debuxo de Castelao do seu Álbum Nós (1931) e pensade se ten relación con algún relato lido na aula. Que vos parece?

5 comentarios:

  1. Penso que este debuxo ten que ver coas "cousas" de Castelao que lemos ate o momento (O Pai de Migueliño e Panchito). Ambas narracións nos falan da emigración a América na busca dun mellor futuro.
    Por outra banda, creo que o que Castelao quixo decir con ese lema é que no canto de loitar por unha Galicia mellor, a xente marchaba "desentendéndose" da súa Terra; no lugar de reivindicar dereitos embarcabanse en barcos. (Alba 4º)

    ResponderEliminar
  2. Concordo coa túa percepción, Alba. A ver que opinan os demais...

    ResponderEliminar
  3. Adriana Velo19/10/11, 09:46

    Estou de acordo con Alba, de todas formas, había moita pobreza e algúns non podían máis que plantexarse marchar ás américas á gañalo pan, creo que iso de quedar a defender os seus dereitos a longo prazo era o mellor, pero a xente daquela época tiña en mente un futuro máis próximo no que non sabían nin se quera se iban ter que comer.

    ResponderEliminar
  4. A min gústanme os debuxos (este e os que estivemos vendo na clase)porque para o meu parecer, dunha forma simple, para que todos poidan entendelos, e ao mesmo tempo complexa, porque non son só debuxos con frases, senon que reflicten un modo de vida, unha época, etc... E paréceme unha moi boa forma de expresión e protesta polo que estaba acontecendo naquel tempo.

    ResponderEliminar
  5. Concordo contigo Jenny en que, moitas décadas despois, podemos coñecer a realidade galega, desde a sinxeleza e a emotividade da ollada de Castelao. Para min, todo un xenio que coñecía ben a nosa realidade.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA