27/10/11

E DE MAIOR QUERO SER...

Hoxe asistimos ao noso primeiro encontro co teatro deste curso. Mesmo a chuvia nos acompañou! 
E de maior quero ser..., da compañía coruñesa Caramuxo Teatro, abriunos os ollos sobre a necesidade de romper cos moldes tradicionais que pretenden convencernos de que existen hábitos, accións, deberes, profesións, etc., que veñen predeterminados para as mulleres pola súa simple condición de mulleres. 



E vós que pensades? Que reflexión ou valoración facedes do que vimos hoxe? Só é puro teatro?

8 comentarios:

  1. Estubo moi interesante a obra ainda que eu nn puiden ver case nada polo pequeniño que son jajaja
    pero pareceme que esto podenos servir para madurara cada día un pouco mais e temos que saber que todos somo iguales¡¡

    ResponderEliminar
  2. Penso que é necesario que a sociedade cambie un pouco a forma de pensar porque aínda moitas persoas pensan que a muller ten que traballar na casa e non vale para nada máis, cando unha muller pode facer o mesmo traballo ca un home porque non por ser muller ten que estar discriminada. É unha obra moi interesante e gustoume moito. Penso que non é puro teatro porque como xa dixen antes pasa moito na sociedade actual.

    ResponderEliminar
  3. Moi been alexis!Se non vias pois foras pa diante!jaja
    A min tamen me pareceu moi interesante,sobre todo a música que poñian de fondo xa que a obra pouco poiden atender porque os meus compañeiros non paraban de falar e non deixaban escoitar;(eu tameen)jaja
    espero que vaiamos ver máis monólogos como eses!

    ResponderEliminar
  4. Quen será este misterioso personaxe? ¬¬ A INVESTIGAR RAPACES¡¡

    ResponderEliminar
  5. Pareceume moi orixinal, porque daba a ver a vida dunha forma realista que nadie desearía ter.Porque a nadie lle gustaría que o home a tuvera encerrada na casa. Coral

    ResponderEliminar
  6. Esta representación teatral está, por desgraza, basada na realidade. Eu escoitei moitas veces en moitos lugares fragmentos desa "obra" a que eu prefiro chamar triste realidade. E é que as mulleres somos igual de boas que os homes e os homes igual de bos que as mulleres. Debemos estar orgullosas do noso xénero e loitar por poñelo a altura que se merece xa que, a sociedade segue sendo moi machista e iso ten que cambiar XA. Na miña aldea sigo a escoitar iso de"Teñolle que ir facer de comer ao home..." cando o home está no sofá. Ou "Eu do teu tempo xa cociñaba para tres homes..." E eu intento explicar que as mulleres non son as escravas de ninguén mais, non me queren entender pero non pararei ata conseguilo :) (Alba 4º)

    ResponderEliminar
  7. A obra non é só puro teatro, é real. Reflexa situacións reais que acontecen en algunhas casas e a maneira de pensar de moita xente. Esta obra conciencia ás próximas xeracións que se deben repartir as tarefas do fogar

    ResponderEliminar
  8. Leticia G.B31/10/11, 07:10

    Esta claro que eso non é puro teatro e que desgrazadamente no siglo XXI sigue pasando. A obra reflexou o que a maioría das mulleres sufren cada día , o estrés, traballar e chegar a casa e empezar coas labores domésticos. Cantas costumes machistas hai aínda día a día nun mundo de igualdade. Supoño que aunque os homes non lle tira moito a idea de traballar na casa, hai que loitar pola igualdade de condición en calquera ambito tanto no traballo como en calquera outro lugar e non se deixar levar por antiguos perxuízos.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA