16/10/11

AS IRMANDADES DA FALA

Andamos a voltas, en 3º e 4º ESO, coas diferentes etapas literarias da lingua e da literatura galega. É moi importante comprendermos que a nosa historia é un longo camiño que o pobo que nos precedeu foi tecendo non exento de dificultades.

Lembrade que cada etapa é explicada, como nas nosas vidas, en función de acontecementos anteriores. Nada é casual. Todo está xustificado por un contexto político, económico e social que foi modelando a lingua e a literatura de noso.

Reparade nesta serie de tres vídeos que irán aparecendo por esta xaneliña nos próximos días. Ás mozas e mozos de 4º serviranvos de repaso e aos de 3º de avance e introdución nesta peculiar máquina do tempo que nos ha transportar ao longo deste curso.





2 comentarios:

  1. En primeiro lugar fala sobre a hexemonía que tiña o galego sobre o resto das linguas. Grazas ao camiño de Santiago, o galego converteuse nun importante centro relixioso, político e cultural.
    Logo diso o galego comeza a perder poder, e coa chegada dos reis católicos, o galego e reducucido ao ámbito oral. Prodúcense logo os chamados Séculos Oscuros.

    ResponderEliminar
  2. Sintética e atinada reflexión, Joni!

    ResponderEliminar

DESPEDIDA