30/11/16

25/11/16

LIBRO DO MAL AMOR


Neste 25 de novembro en que debemos lembrar as causas que provocan a morte incesante de mulleres a mans dos homes que din querelas, imos adentrarnos neste Libro do mal amor que vincula artes plásticas e literatura.


Continuaremos, após a lectura, a acrecentar cos nosos haikus, o noso ronsel de denuncia e esperanza.

21/11/16

VISITA Á BIBLIOTECA REGO DA BALSA E ENCONTRO CON XURXO CHAPELA


Este venres pechamos a semana cunha sesión didáctica diferente, máis aló dos muros da aula e do centro.


A primeira parte da visita consistiu nunha aproximación ao funcionamento dunha biblioteca tan próxima a nós como é a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, que fondos bibliográficos e audiovisuais temos á nosa disposición como usuari@s, como recoñecelos e que precisamos para sermos soci@s.




A segunda parte da visita centrámola na conversa co escritor carballés, Xurxo Chapela, autor de Lémbrome, unha lectura que descubrimos neste primeiro trimestre de curso en 4º de ESO.






Foi unha estupenda oportunidade para descubrir todo o que quedou oculto entre liñas e non eramos quen de descifrar.

Grazas, Xurxo, por descubrir a intimidade do proceso creativo desta obra tan orixinal, que trascende o ámbito da escrita da memoria máis individual para o converter nun produto compartido coa sociedade.




06/11/16

DE ROSALÍA DE CASTRO A NAJLA SHAMI

Hai unhas semanas a obra de Rosalía levounos a coñecer a escritora e tradutora canadiana Erín Moure. 

Desta volta será a música da poesía rosaliana a que nos leve á cantora e compositora Najla Shami, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina.

Imos remitirnos ás "probas" musicais antes de procurarmos o xeito de coñecela máis de perto...

Que sorpresa nos agardará por aquí?



DE ROSALÍA DE CASTRO A NAJLA SHAMI

Hai unhas semanas a obra de Rosalía levounos a coñecer a escritora e traductora canadiana Erín Moure. 

Desta volta será a música da poesía rosaliana a que nos leve á cantora e compositora Najla Shami, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina.

Imos remitirnos ás "probas" musicais antes de procurar o xeito de coñecela máis de perto...

Que sorpresa nos agardará por aquí?



DESPEDIDA