27/10/11

SABENDO MÁIS DE TERESA MOURE

Continuamos avanzando na lectura d´A xeira das árbores, en 3º, e cada vez semella que lle tomamos máis gusto á vida de Clara, a súa personaxe central.
Hai uns días escoitamos á propia autora, Teresa Moure, falarnos de que foi o que a motivou para escribir. É hora de irmos sabendo algo máis dela, non vos parece? Mais neste caso, imos cambiar as regras do xogo. Eu fago as preguntas e a ver quen é o/a primeiro/primeira en conseguir anotar as respostas completas...

1. Ten publicada algunha outra novela Teresa Moure?
2. E algún poemario?
3. E algunha obra de teatro?
4. Tense representado nos escenarios algunha obra da súa autoría?
5. Coñeces algún título que se corresponda co xénero ensaístico?
6. Gañou algún premio?
7. Algunha obra súa está traducida?

O tempo comeza XA!

2 comentarios:

  1. Teresa Moure escribiu máis novelas entre elas Herba moura pero ningún poemario.Escribiu unha obra de teatro titulada Unha primavera para Aldara que foi representada por Teatro do Atlático. Tamén escribiu as palabras das fillas de Eva.Gañou o premio Lueiro Rey de novela corta en 2004, o premio Arzobispo San Clemente por a novela A xeira das árbores, o premio Ramón Piñeiro de Ensaio en 2004 por Outro idioma é posible, o premio Xerais de novela, o premio Aelg e o premio de la Crítica de narrativa galega por Herba Moura e o premio Rafael Dieste de teatro en 2007 pola sua obra Unha primavera para Aldara. A súa obra Herba Moura está traducida ao catalán, español, rumano, italiano, portugués e neerlandés. (Coral)

    ResponderEliminar
  2. Parabéns, Coral! Menuda tese que nos acabas de impartir ao redor da produción literaria de Teresa Moure!!!! E nun tempo récord!!! Iso si que é ter ansia!

    ResponderEliminar

DESPEDIDA