25/10/11

O INVESTIGADOR JORGE MIRA, PREMIADO NOVAMENTE

Seguro que aínda lembrades con nitidez a visita e a conferencia que o científico e profesor da USC, e veciño de Baio (Zas), impartiu na pasada Semana Cultural no noso centro. Estes días volve estar de actualidade por ser novemente premiado por un dos seus traballos de investigación.
Déixovos a nova desde a alegría e o orgullo para coa próspera carreira de Jorge Mira.
http://www.quepasanacosta.com/?p=10376

5 comentarios:

  1. Mercedes,¿Este ano vainos volver a vir visitar Jorge Mira?

    ResponderEliminar
  2. Eu espero que si porque a sua visita o ano pasado foi moi entretida e interesante.

    ResponderEliminar
  3. E un orgullo que unha persoa veciña nosa reciba tantos premios!

    ResponderEliminar
  4. Xa sabía eu que vos iades lembrar del... O ano pasado visitáranos co gallo da celebración da Semana Cultural no mes de abril. Está previsto que esta semana tamén a celebramos, se todos e todas colaboramos e poñemos da nosa parte!!! Mais, evidentemente, o programa aínda está por facer. Temos outras ansias deica aló, non é?

    ResponderEliminar
  5. Concordo coa idea de Suso. Temos que nos orgullarmos sempre das persoas que destacan polos méritos do seu traballo, do seu esforzo, que ademais redunda no beneficio da sociedade e non só no ego particular e individualista. Ás veces tendemos a valorar unicamente o que vén de fóra, de lonxe e ignoramos o que temos ao pé da casa. Tremenda inxustiza perfectamente evitábel, non vos parece?

    ResponderEliminar

DESPEDIDA