Bergantiños é terra fértil en patrimonio oral. No inicio deste blog descubrimos a lenda da Lagoa de Alcaián e unha alumna lembrou que ela descoñecía esta, mais si sabía a do encanto de Xaviña. Paseando pola magnífica web www.galiciaencantada.com, atopeina. Velaquí vola deixo, para @s de Xaviña e para os das outras parroquias... Que non se me cele ninguén...
A braña de Xaviña está en Santo Tomás de Xaviña, preto da ponte de Reigoso, concello de Coristanco (A Coruña).
Aquí foi onde se lle apareceu a un rapaz que andaba coas vacas unha lagartixa que lle falou:
—Quen me queira desencantar, tres biquiños me ha de dar.
Aquela aparición repetiuse varios días e a lagarta sempre lle dicía o mesmo. O rapaz tomou medo e dixo na casa que non quería ir coas vacas para a braña; entón o irmán máis vello, vese que máis valente, ofreceuse para ir el no seu canto.
Cando chegou, pasoulle o mesmo. Presentouse a lagartixa e díxolle:

Pero, xa ora, ó mozo dáballe noxo bicar o becho no fociño, así que lle puxo un pé enriba da cabeza e deulle o bico no rabo.
Disque, nada máis bicala, sentiu unha sensación moi suave e, sen decatarse, deulle outro bico na cabeza.
Para a súa sorpresa a lagarta transformouse de inmediato nunha fermosa moza. Pero aínda quedaba outro sobresalto; a moza resultou ser unha irmá de seu que desaparecera había xa uns anos.

Si, esta encántame!! Lévoa escoitando na casa dende que era pequena! Quizáis esta lenda nos sirva para comprender que non debemos fiarnos das apariencias, xa que estas poden chegar a enganar, como lles pasou aos irmáns máis novos.
ResponderEliminarClaro, Ángela! Na túa casa cumpriuse unha das razóns de ser das lendas que cada pobo vai construíndo: a transmisión oral de xeración en xeración. Non esquezas que a ti tamén che tocará transmitila!!!
ResponderEliminar