23/10/11

POÑER EN VALOR A ESCOLA

Nestes tempos en que parece que non toda a sociedade concorda coa importancia da escola para o presente e o futuro dun pobo...
Nestes tempos en que parece que todo o mundo entende da realidade da escola e dos escolares...
Nestes tempos en que algúns se empeñan en fala por falar da educación...


Propóñovos que reflexionemos sobre este pensamento que deixou escrito Concepción Arenal (1820-1893), esta ferrolá que conseguiu converterse na primeira muller que acudiu á Universidade e completar os estudos de Dereito, iso si, disfrazada de home. Por que sería?

5 comentarios:

  1. www.rotativasaludable.blogspot.com23/10/11, 14:23

    Unha proposta dunha ex-alumna do Xosé Pichel: Quizáis sería porque a educación estaría limitada para os homes??
    Non deixedes de visitar o blog de bioloxía Ies Parga Pondal

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo teu seguimento e opinión, ex-alumna! Seguiremos o blog, claro que si! Atinada a túa interpretación, que é tanto como afirmar que naquela altura non lle estaba permitido ás mulleres o acceso á educación. E sobre a cita, en concreto, que nos contas?

    ResponderEliminar
  3. Estou de acordo convosco. E ponme enferma que a figura da muller estivese sempre nun segundo plano, se é de que o estaba. Paréceme un acto moi loable e intelixente o levado a cabo por Concepción Arenal, hai que ter moita imaxinación e picardía para crear unha dobre identidade. E é que a muller foi intelixente dende sempre, xa que nos tivemos que loitar por que se nos permitira algo tan normal como é dar a nosa opinión. Non debemos esquecernos de figuras como Marie Courie ou Rosalind Franklin, que por certo non ten ningún tipo de recoñecemento pola súa grande aportación á ciencia.
    Por outra banda creo que o lema que nos deixa Concepción Arenal quere dicir que se a todo o mundo se lle brindase a oportunidade de recibir unha boa educación e unha boa formación non habería tantos actos vandálicos.(Alba4º)

    ResponderEliminar
  4. Moi ben razoado, Alba! Semella que o mundo que viviu Concepción Arenal e tantísimas mulleres, ao longo da historia, non é real,puro matrix, mais a verdade é que así foi. A desigualdade de xénero, a discriminación pura e dura contra as mulleres polo único feito de seren mulleres,é dicir, por cuestións físicas, brincou libremente na nosa sociedade de antano. Parece que avanzamos moito, e en verdade avanzamos, mais ollo! porque aínda hai moita desigualdade que superar. Estaremos atentas e atentos a todos os datos que irán publicándose de cara ao 25 de novembro. Veremos, veremos e volveremos falar...

    ResponderEliminar
  5. Pois, sí. Debemos loitar por conseguir a igualdade que non é tarefa doada pero si importante. E... a todo isto. Que sucederá o 25 de novembro??? :-) (Alba4º)

    ResponderEliminar

DESPEDIDA