Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

17 ene. 2017

PRIMEIRA ACHEGA ÁS COUSAS DE CASTELAO

Ímonos achegando a Castelao a través do teatro, concretamente á adaptación de Cousas por parte da compañía Os Quinquilláns.

Grazas á xestión da Concellaría de Cultura e Educación de Coristanco puidemos acudir a esta representación da que moito gustamos e da que deixamos aquí un petisco audiovisual para quen non puido gozar deste luxo e mais as impresións do alumnado participante que irán ficando nos comentarios.






18 comentarios:

  1. Recomendo esta obra de teatro a todo o mundo, xa que a min persoalmente encantoume, tanto pola profesionalidade dos actores como polo argumento en si da obra de Castelao. Sen dúbida algunha é unha representación coa que non te aburres, pois hai momentos de comedia,drama e traxedia. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Esta obra de teatro pareceume moi entretida e autóctona, tanto pola fala dos actores(moi ben interpretada)como polos aspectos da obra de Castelao que definen á perfección a sociedade galega no seu estado máis crítico.

    ResponderEliminar
  3. Esta obra de teatro que foi interpretada polos Quinquilláns,pareceume estupenda!Oxalá nos volvan a visitar pronto!

    ResponderEliminar
  4. Patricia Pose21/1/17 8:13

    Concordo coas compañeiras, esta obra de teatro resultoume moi entretida a pesar de non ter lido o libro e creo que me resultará de gran axuda para entendelo mellor nas clases que dediquemos a lelo. Moitos parabéns aos Quinquilláns!

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  6. Esta obra encantoume porque foi moi divertida e entretida,e ademais os actores foron moi profesionais e fixérona moi amena.Grazas a ela penso que vou entender moito mellor o libro.Un saúdo!!

    ResponderEliminar
  7. Eu non puiden ir ver a representación pero comentáronma e tamén o video e teño moitas ganas de vela! Unha forma divertida de aprender sobre a vida de Castelao, grazas por vir e espero que volvades outra vez para vervos. Agora estamos a leer o libro e como dixeron as miñas compañeiras seguro que se nos fai máis doado.

    ResponderEliminar
  8. María Rodríguez22/1/17 7:35

    Para min esta obra foi estupenda en todos os sentidos. A linguaxe que utilizaban, os traxes, cada un dos personaxes que interpretaron... ata o burro!
    Moi sinxela de entender e unha boa dose de risas.

    ResponderEliminar
  9. A obra a verdade e que foi moi entretida e levadeira xa que estes actores fixeron moi ben a interpretación de cada un dos persoaxes e contaron parte da obra de castelao sen aburrir ao público e facéndolle rir. Eu recomendo ir vela xa que pasas un anaco moi entretido.

    ResponderEliminar
  10. Esta obra gústoume moito, estivo realmente ben xa que os actores representaron todo moi ben e o fíxeron moi levadeiro. Podese dicir que das actividades que levamos foi unha das que máis me gustou.

    ResponderEliminar
  11. Esta obra resultoume moi entretida, os actores interpretaron á perfección os personaxes deste libro, o cal comprenderemos moito mellor grazas a esta maravillosa adaptación. Un saúdo!

    ResponderEliminar
  12. Esta obra tan entretida e ben interpretada axudounos a coñecer mellor unha parte das historias que se contan en Cousas, na miña opinión non podiamos comezar de mellor forma a estudar a Castelao. Parabens aos Quinquilláns!!

    ResponderEliminar
  13. Esta obra tan entretida e ben interpretada axudounos a coñecer mellor unha parte das historias que se contan en Cousas, na miña opinión non podiamos comezar de mellor forma a estudar a Castelao. Parabens aos Quinquilláns!!

    ResponderEliminar
  14. Ylenia Calvo23/1/17 9:57

    Verdeiramente a obra estivo xenial, mais gustaríame pararme no conto de o pai de Migueliño, pareceume que o interpretaran increiblemente tanto psicoloxicamente como a nivel do diálogo, definitivamente o meu conto favorito! .
    Encantaríame poder disfrutar doutra obra tan amena inspirada por exemplo no libro OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE por varias recomendacións.

    ResponderEliminar
  15. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  16. Sin lugar a duda, unha obra extraordinaria da mán dos Quinquilláns, unha inxeción de risas e gargalladas, e sobre todo, axudounos a entrender dunha forma más gráfica a literatura de Castelao, unha aperta para a compañía e para a editorial galaxia, polo detalle que tiveron ao agasallarnos cos libros.

    ResponderEliminar
  17. Os Quinquillans temos que dicir que moito presta ter un público coma vós! Moitas grazas por acompañarnos nesta viaxe que nos leva a facer infinitas descubertas sobre Castelao, a nosa cultura, o noso idioma e a nosa xente. Vémonos no teatro, amigas e amigos!

    ResponderEliminar
  18. Desde a Concellaría de Cultura alegrámonos inmensamente de que o alumnado de Coristanco gozase tanto desta obra e que espertase esta reacción tan positiva en todos e todas vós. Porque para gozar deste tipo de espectáculos de tanta calidade non ten que ser preciso ir a cidades grandes. No rural tamén temos dereito verdade? E grazas aos Quinquilláns pola súa capacidade para achegar a figura do mestre Castelao deste xeito tan ameno e produtivo.

    ResponderEliminar