15/10/11

SAÚDO DE BENVIDA

Arrancamos esta viaxe virtual que nos irá achegando, de maneira complementaria, a todo o traballo que realizaremos nas aulas durante o curso 2011-2012
Lembrade que a vosa (co)participación neste proxecto innovador é fundamental para podermos construír desde aquí un foro de reflexión e comunicación que nos axude a aprender máis e mellor. 
Mais, sobre todo, non esquezades que serán fundamentais os vosos comentarios, a vosa capacidade de resposta, así como o seguimento periódico da información que por aquí vaia xurdindo. 
Ah! E as vosas propostas tamén, claro!

2 comentarios:

  1. Boas! Ata agora as entradas no blog están bastante ben, xa que son temas tratados na clase. Pero penso que non estaría mal publicar algo sobre a lenda da lagoa de Alcaián, para saber de onde procede o nome do blog.Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Esta petición vai ser atendida decontadiño...

    ResponderEliminar

DESPEDIDA