24/10/11

FREDDIE MERCURY

Hoxe xurdiu, en 3º ESO, na lectura que abre a Unidade 2, o nome do eterno galán do cinema norteamericano Rock Hudson, nas décadas dos 50 e 60, e mais o do magnífico vocalista do grupo QUEEN, Freddie Mercury. E a conto de que? Que terán en común os dous coa protagonista da lectura Futuro imperfecto? Pois que os dous faleceron a causa da SIDA, mentres que Xulia Alonso, a autora da obra citada, é unha sobrevivente desa doenza. Coido que a sesión de hoxe non foi intranscendente...
Rubén Darío lembrou unha canción magnificamente interpretada por Freddie Mercury: We are the champions! Eu déixovos outra para ampliar coñecemento musical. 


Non esquezades nunca o lema: Don´t stop me now

3 comentarios:

  1. david maestro cabalar28/10/11, 02:03

    gustame esta canción moi chula

    ResponderEliminar
  2. Moi ben ruben de qen iba ser senon a cancion de We are the champions¡¡
    Esta cancion tamen esta moi ben era un gran cantante sen dubida!

    ResponderEliminar
  3. Confésovos, e gardade o segredo ;-), que é un dos meus cantantes favoritos. Todo o grupo Queen, para ser máis exacta. Se o descubristes agora, convídovos a seguir procurando e gozando da súa música e dos seus directos que podedes localizar tamén en youtube.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA