Como o prometido é débeda, velaquí vos deixo a segunda parte do vídeo da historia da lingua e da literatura galega. Quen será o primeiro alumno ou alumna que responda correctamente estas cuestións:
1. Que personaxe histórico centra este capítulo?
2. A que estamento social pertencía?
3. En que século viviu?
4. Que papel desempeña no proceso de recuperación da lingua e da literatura galega que agora se inicia despois dos Séculos Escuros?
5. Como pensaba que tiña que ser o modelo educativo?
A ollar con atención... a pensar con xeitiño e a responder... xa!
Este capítulo centrase en Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como Fray Martiño Sarmiento.
ResponderEliminarPedro Xosé era monxe e vivíu no século XVII.
Pedro Xosé escrbíu en libros termos galegos co seu significado que ahora se chegaron a publicar.
Él pensaba que os nenos na escola tiñan que aprender galego e non as linguas mortas como o latín e o castelá. Coral 3ºA
Moi ben, Coral! Benvida! Estás segura de que Sarmiento viviu no XVII? E da exemplificación de linguas mortas tamén? Revisa o vídeo a ver... Estaste adiantando moito aos coñecementos que traballaremos este curso... perfecto!
ResponderEliminarTuven un pequeno erro ao escribir, porque Sarmiento vivíu no século XVIII e non no XVII.
ResponderEliminarOs nenos galegos pensaban que o latín e o castelá era linguas mortas, pero estaban nos séculos escuros e esas dúas linguas estaban máis vivas ca o galego. Sobre todo porque neses séculos escuros o galego desapareceu da cultura escrita. Coral 3ºA
Completísima aclaración, Coral! Parabéns!
ResponderEliminar