O venres 4 de novembro celébrase o II Día da Ciencia en Galego, sobranceando as figuras de dúas mulleres científicas ben singulares: a física franco-polonesa Marie Curie e a matemática coruñesa María Josefa Wonenburger. Dúas mulleres precursoras no ámbito da ciencia e, sobre todo, pioneiras canto á súa formación e traballo realizado no mundo da docencia universitaria e mais no da investigación.
Dádevos un paseo pola entrada principal e descubriredes unha información ben interesante que prepararon as profesoras dos departamentos de matemáticas, bioloxía e xeoloxía, lingua galega e mais do equipo de normalización lingüística.
Que vos parece?
Paréceme moi ben que se celebre o día da ciencia en galego, porque o galego non é menos que ningunha outra lingua.E tamén me gusta que se dedique a dúas mulleres.
ResponderEliminara min gustame moito que haiga este dia porque asi recoñécese que tamén hai científic@s en Galicia por certo Mercedes a excursion e o mercores ou o venres??? e que non me acordo
ResponderEliminarA visita a Pontevedra é este mércores 9. En breve, colocarei por aquí o plan de viaxe.
ResponderEliminarvale moitaas grazas Mercedes
ResponderEliminar