10/11/11

E DESPOIS DA VIAXE A PONTEVEDRA...

... seguro que temos moitas impresións que partillar, así que xa sabedes que este é o noso muro para pintalas, expresalas, grafitealas...

Cal é a vosa valoración da aula que onte trasladamos á fermosa cidade de Pontevedra, a "boa vila" que dicía o Padre Sarmiento? Que vos sorprendeu? Se tivésedes que escoller un momento da xornada, cal sería?

Nos próximos días, irei deixando por aquí algunha fotografía con truco... Por que? Porque agardo a que, entre tod@s @s que andades por aí asexando no blog, algúen descubra a que momento e lugar da xornada pertence. Imos poñer a proba a vosa atención! Velaí vai a primeira!

7 comentarios:

  1. Coral 3ºA10/11/11, 06:36

    Foi unha saída bastante amena, coa sorte de que non nos choveu.
    A fotografía pertence a primeira parada.

    ResponderEliminar
  2. Nuria 3ºA10/11/11, 07:28

    A saída non estivo mal!A verdade e que tivemos moita sorte de que nn chvera por moi acostumados que teamos!
    A fotografia pertence a primeira parada da ruta onde se nos explica o monumeto de omeneaxe a Castelao e outros da mesma época ca este agás de un.

    ResponderEliminar
  3. Correcto! É a primeira parada do roteiro de Castelao por Pontevedra, mais por que paramos alí?

    ResponderEliminar
  4. porque ali enfronte estaba o café onde Castelao e outros ( non me acordo dos nomes) falaban.
    Nesa plaza estaba as estatuas de Castelao no café cos outros jajaajajajaja

    ResponderEliminar
  5. Mercedes Queixas Zas10/11/11, 12:55

    Xa, xa, Rai, mais como se chama esé café tan emblemático onde se facían fantásticas tertulias literarias e intelectuais a comezos do século XX?

    ResponderEliminar
  6. Moi ben, Rai! Primeira proba superada!

    ResponderEliminar

DESPEDIDA