Esta fin de semana toca mudar o ritmo das aulas. No canto de ser docente, convírtome en alumna e escoito as opinións de escritores e escritoras, profesoras e profesores de todo o país, a respecto de como necesitamos transmitir e inculcar o gusto pola literatura e pola lectura ao noso alumnado.
Hoxe ocórrese prestarvos este pequeno poema do ceense Miro Villar que nos presenta o seu mar máis persoal. É verdade iso que contan por aí de que non gustades da literatura?
mans de ferro, con fendas salgadas do traballo,
collen xurelos de ollos cegos e escamas tona
de prata, que relocen en cestos de esperanza;
mentres o home interroga xa o día de mañá.
E un poema moi belo que nos describe a vida mariñeira de Galicia. Na miña opinión, hoxe en día, as novas xeracións estan moi afastadas do que é a literatura e a lectura en xeral. Na miña opinión moitos dos libros que lin durante a miña vida, na escola foron bastante bos, aínda que como todo hai excepcións. Como din algunhas persoas, a ninguen lle gusta ler ata que atopa o seu libro. Para min o meu libro preferido é ALUA.COM de Care Santos.
ResponderEliminarNon teñen porque nos gustar todos os libros que lemos, nin moito menos! Como tampouco nos gustan todos os lugares que visitamnos, todas as comidas, todas as cores... O importante é coñecer canto máis dun tema para poder logo opinar, seleccionar, valorar... O que nunca comprenderei é por que hai xente que di que non gusta de ler cando case non o probou! A min hai lecturas que me deixaron tan marcada que de cando en vez volvo a lelas; pola contra, hai outras que non volvería a ler mais se non as lese, como o sabería? para min, ler é unha experiencia de vida e, como tal, hai que vivila!
ResponderEliminar