28/11/11

EN GALEGO, SEN PREXUíZOS

Esta fin de semana tiven a oportunidade de participar nas III Xornadas Educación e Linguas e, ademais de aprender contidos moi interesantes, puiden coñecer a tres persoas que son auténticos modelos para a sociedade: Xurxo Souto, Xavier Gómez Noya e Jorge Mira. 

Por que? Que teñen en común? 

Son galegos con traxectorias profesionais brillantes, recoñecidas internacionalmente, pioneiros nas súas áreas de traballo e que... ollo ao piollo!!! entenden que o galego é un idioma útil, de presente, con futuro e con dereito a vivir en igualdade, como outro idioma calquera do mundo. Razóns fundamentais para eles non o abandonaren nunca!

Déixovos aquí este enlace a unha ben interesante gravación ao ferrolán, campión do mundo de triatlón, Javier Gómez Noya: http://eufalo.tv/video/en-ferrol-falase-javier/

E vós que pensades?

1 comentario:

  1. Sara Olmedo 4ºA14/12/11, 03:13

    Sinceramente, pareceme que persoas tan coñecidas e recoñecidas mundialmente, non sexan recoñecidas no seu propio país... xa que lin que Javier gañou o campeonato de España este ano 2011 e que (polo menos en deportes cuatro) non saira nada enunciado... só dandolle importancia ao grande (madrid-baça etc..) e nada ao pequeno...

    ResponderEliminar

DESPEDIDA