Monumento a Castelao e Pontevedra |
Xa sabedes que este próximo mércores 9 de novembro viaxaremos cara a Pontevedra para revivir os pasos de Castelao nesta cidade. Será unha mañá ben completa, mirade o plan de viaxe:
9:00 Saída desde o centro
11:00-12:30 Roteiro urbano guiado á procura de Castelao
12:30-13:00 Descanso
13:00-13:45 Visita á exposición sobre Historia da Lingua de Xan Leira na Biblioteca Municipal
16:00 Saída desde o centro para a casa no transporte escolar
Moi importante para lembrar:
* Ollo á climatoloxía! Cando vai frío ou chove, abrigos, chuvasqueiros, botas e paraugas son imprescindíbeis!
* Máxima puntualidade ao longo de toda a viaxe
* Atención e respecto para co guía que nos explicará as peculiaridades do roteiro e tamén na estadía na biblioteca.
* Fai falta repoñer ao longo da xornada os depósitos, así que todo o mundo coa súa merendiña!
* Como a cabeza non o garda todo (nin falta que fai!), caderno e bolígrafo de reporteir@s en man.
* NON VOS ESQUEZADES DE PASALO BEN APRENDENDO!
Estou desexando que chegue o mércores para ir! Esta excursión promete, seguro que o pasamos moi ben. :)
ResponderEliminarSeguro que o imos pasar ben e dios queira que non nos chova. =)
ResponderEliminarsegun unha paxina de internet ke e moi fiable do tempo di ke xove pero moito a ver se por unha vez se equivoca
ResponderEliminare se chove nin qe nunca viramos choveer!!Somos galegoos e xa estamos acostumados¡¡xD
ResponderEliminarNon sei eu se o tempo respetará a excursión(js 3º A)
ResponderEliminarAi tes razon suso xd
ResponderEliminarNunca choveu que non escampase!Como di Suso, nós non lle temos medo á auga! Adaptámonos e aproveitamos a saída ao máximo... que xa sabemos que logo tomarei a lección!!!!
ResponderEliminarCon sorte non chove, que tamén malo será que pa un día que saimos, nos chova jejej
ResponderEliminar