Nunca máis outro día tan triste para o noso país!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Neste tempo en tránsito estacional que andamos, despedimos o verán... ... para recibirmos o outono como merece, cos versos do poeta Ma...
-
En setembro de 2011 abriamos esta casa de comunicación e encontro pedagóxico extraescolar, complementaria das aulas de lingua e literatura ...
-
Ímonos achegando a Castelao a través do teatro, concretamente á adaptación de Cousas por parte da compañía Os Quinquilláns . Grazas...
Aínda estarrecen esas imaxes, mais é importante facer memoria.
ResponderEliminarParabéns polo blog!
Nós somos a voz da memoria. Grazas, María!
ResponderEliminarCando esto pasou eu ainda era moi pequena polo que case non lembro nada, pero polo que me lembro e polo qe lebo escoitado foi unha época na que etaba todo cheo de chapapote na que morreron moitisimos animais e a xente se esforzo moito para limpar as praias..pero non esta mal lembrar de vez en cando datas qu tiveron grande importacia... (:
ResponderEliminarÉ bo lembrar, Vivi. Esa é a función dos que vivimos ou viviron os acontecementos antes. Logo, relexionemos e aprendamos da historia para que non se repita.
ResponderEliminarO vídeo está moi ben, cando o vimos por primeira vez na clase, coa música e todo case daban ganas de chorar porque é un algo moi triste o que aconteceu ese 13 de novembro de 2002.
ResponderEliminarMoitas persoas choramos eses días, Jenny, de tristeza, ademais de rabia e impotencia, por unha catástrofe que asfixiaba este noso país. E o peor de todo é que a sociedade galega percibía que podería ter sido evitado ese desastre descomunal. Por iso a xente respondeu botándose á rúa en masa, esixindo responsabilidades. O tempo pasou, o chapapote desapareceu da superficie das areas das praias, mais as feridas aínda afloran cando o lembramos. É bo lembrar, sobre todo para ter conciencia de que isto non pode pasar NUNCA MÁIS!
ResponderEliminar