23/01/12

O FÚTBOL É PARA HOMES


Velaquí vos deixo o enlace a este artigo de opinión titulado "O fútbol é para homes" para axudarvos a ratificar ou rectificar os argumentos que ofrecestes hoxe: http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=1861&seccion=4

Por certo, transmítovos os meus parabéns por demostrar que sodes moi capaces de razoar, reflexionar e argumentar os vosos pensamentos de maneira ordenada e respectuosa. Sodes fenomenais!

6 comentarios:

  1. Non é que o fútbol sexa para os homes, pero é onde máis xogan e onde hai máis audiencia, polo tanto cobran máis. Tamén hai fútbol femininoi, asique a discriminación non é posible.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. sep peo eu cando teño tempo vexo o rayo femenino onde xogou victoria beckam

      Eliminar
  2. Non estou para nada dacordo contigo, hai moitos equipos de fútbol femenino, o que sucede é que esta sociedade "de igualdade" dalle máis importancia ao masculino. Os directivos das canles de TV non evolucionaron o seu modo de pensar nos últimos anos e continúan a ocultar o fútbol feminino. É tan bo un fútbol coma o o outro e repito, o importante non é quen xogue senón como xogue. Dito isto recordoche que Verónica Boquete, presente na imaxe de abaixo supera a Messi e Cristiano!!! O tema dos soldos, dame igual a audiencia televisiva ambolos dous sexos desempeñan o mesmo traballo, unha perna tanto a pode romper un home coma unha muller, ambolos dous sexos se esforzan do mesmo modo, quizáis aínda máis o feminino por demostrar que si que vale ante unha sociedade que en moitos aspectos continúa cega!!!!! (Alba 4º)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Parece que se tende a valorar máis aquilo que ten unha maior presenza nos medios, aínda que non reparemos en se é unha cuestión de cantidade ou de calidade. Hai quen pensa tamén que aquilo que non ten presenza "mediática" non existe e se cadra isto é un autoengano. Podemos pensar que aquilo que aparece máis na tele, na radio ou na prensa é o realmente importante, mais poderiamos preguntar: importante para quen? e por que? Non debemos esquecer que na sociedade hai moita sobrecarga de certas imaxes e moita invisibilización doutras. Ou non?

      Eliminar
  3. Ao mellor nn queren dicir iso só que como os homes teñen mallor condición física ca as mulleres(normalmente)pois hai máis emoción nos partidos.E tamen estou de acrodo con tigo Mercedes de que tamen o que máis se valora e o que sae máis veces na televisión.Eu ainda asi observando o fútbol das dúas maneiras, no que nos deveríamos centrar é en que nos traballos normais(arquitectura, electrónica, telecomunicacións...)que todos deverían cobrar o mesmo porque hai mulleres que omellor están a cobrar moito menos ca os homes nun emprego calqueira só por seren mulleres.Un bico.

    ResponderEliminar
  4. Mercedes Queixas24/04/12, 03:19

    Efectivamente, anónimo (?), na remuneración salarial é onde se palpa intensamente a desconsideración, infrabaloración e marxinalidade á que se somete o traballo realizado polas mulleres. É así, a igual traballo, a igual responsabilidade, a igual nivel formativo e académico, menor soldo. Parece mentira, mais é así! As traballado

    ResponderEliminar

DESPEDIDA