30/01/12

QUEN TEN PELOS NA LINGUA?

Kiko Dasilva
Xa sabedes que mañá martes despediremos o mes de xaneiro mudando a aula de lingua e literatura de espazo e de tempo. 

Vémonos a primeira hora da mañá para dirixirnos a Compostela, ao Salón Teatro (Rúa Nova, 34) e gozar da representación teatral da obra Pelos na lingua da compañía de Cee Talía Teatro.

Lembrade tomar os vosos apuntamentos (mentais) porque nos dará para falar e escribir...

E o máis importante: non esquezades a capacidade de rir e sorprendervos na casa!

7 comentarios:

  1. espero que este tan ben como dis na clase e como penso

    ResponderEliminar
  2. Sara Olmedo Velo 4º31/01/12, 11:39

    A verdade é que a min xa me deran boas referencias da primeira obra "bicos con lingua" e a verdade, e que a segunda obra é realmente fantástica! Conseguen mandar unha mensaxe clara entre risas.

    ResponderEliminar
  3. A min encantárame "Bicos con lingua", mais coido que esta representación non desmerece para nada a anterior. É moi realista e actual, sen perder a capacidade de sorprender, facer rir e reflexionar ao redor de certos comportamentos sociolingüísticos actuais inexplicábeis. Encántame que che encantase, Sara!!!!
    E ti que contas, Rai? Era como pensabas ou, incluso, moito mellor?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A obra estivo realmente ben. Foi do máis divertida!!

      Eliminar
  4. A obra gustoume moito. É a mellor obra que vin nunca.

    ResponderEliminar
  5. xD estoy de acordo cos compañeiros, foi a mellor do mundo, pena que non fagan máis, iria encantado a vela, aunque houbera que pagar o doble ou o triple.
    Félix 3ºA

    ResponderEliminar
  6. Mercedes Queixas06/05/12, 10:36

    Moitísimos parabéns! Unánime recoñecemento ao voso labor! Graciñas!

    ResponderEliminar

DESPEDIDA