25/01/12

8º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO

Ben sei que non vos gusta nada iso de tirar fotografías a canto obxecto inanimado ou ser animadísimo se move.

Ben sei que aborrecedes as cámaras fotográficas e demais fedellos que tiran fotos ao segundo respondendo a un simple premer de revoltoso dedo índice.

Ben sei que nunca saídes da casa sen algún "couso", "chisme", chintófano" ou "fedello" que garde, coma lata de conserva, o momento máis ocorrente da xornada.

Seino todo, mais aínda así convídovos a ler as bases do máis importante, e mundialmente coñecido!, concurso de fotografía da vosa idade, o prestixioso Concurso de Fotografía Xurxo Lobato.

Xa me contaredes se resististes a tentación de concursar con algunha desas millentas fotos estéticas que só vós sabedes facer...

2 comentarios:

  1. Xa temos aqui o 9º concurso
    Bases do concurso 2013
    CONCURSO DE FOTOGRAFIA XURXO LOBATO

    1. PARTICIPANTES

    O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacherelato e Formación Profesional de Galicia

    2. CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

    • O tema é libre

    • As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor

    • Máximo de tres fotografías por participante

    • As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por
    correo electrónico

    • Data de entrega: antes do 1 de abril de 2013

    3. PRESENTACIÓN

    Os autores deberán:

    • enviar as fotografías por correo electrónico a :

    fotomonelos@gmail.com

    cos seguintes datos:

    nome e apelidos| DNI | idade | teléfono | enderezo |centro de estudo | curso

    • Poñerlle un título a cada foto

    4. XURADO

    • Estará formado por un representante
    da Asociación de antigos alumnos,
    outro do Instituto Monelos e tres
    profesionais ou estudosos da fotografía

    5. PREMIOS

    1º premio: diploma e 250 €
    2º premio: diploma e 150 €
    3º premio: diploma e 100 €

    • O xurado considerará a posibilidade
    de conceder algún accesit, con regalo de lotes de libros de fotografía

    6. EXPOSICIÓN

    A organización do concurso poderá utilizar as fotografías seleccionadas e as premiadas para a súa difusión
    (exposicións, edicións, etc.).

    NOTA. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases

    ResponderEliminar
  2. https://www.facebook.com/pages/CONCURSO-DE-FOTOGRAFIA-XURXO-LOBATO/109741835734477

    ResponderEliminar

DESPEDIDA