08/01/12

17 DE MAIO PARA VALENTÍN PAZ ANDRADE

O nome de Valentín Paz Andrade hanos soar ao longo de todo o ano e, de maneira singular, o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas. É por iso que a súa imaxe tomou o relevo de Lois Pereiro na marxe superior dereita do noso blog. O seu tempo vital aínda está moi próximo a nós, así que da súa man tentaremos achegarnos, sobre todo en 4º, á historia lingüística e literaria do século XX.
Polo de pronto, xa podemos dicir que unha vez neste curso demos con el. Mais, onde sería? Agardamos resposta...

3 comentarios:

  1. Con Valentín Paz Andrade demos na visita que fixemos a Pontevedra, máis concretamente na primeira parada que fixemos. Enfrente está situado o café moderno, alí era onde Castelao xunto con outros, entre eles Valentín Paz Andrade, facían as suas tertulias.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns pola magnífica concreción da túa resposta, Coral! Misterio resolto...

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA