21/01/12

EU FIXEN OUIGHA CO ESPÍRITO DE CASTELAO

Lembrade, mozos e mozas de 4º!, que o vindeiro luns 30 de xaneiro remata o prazo para entregardes o comentario literario deste relato de Made in Galiza, de título tan curioso, escrito por Sechu Sende.

Á vista dos sucesivos borradores que me fostes enviando, estou segura de que xa CASE todos empezastes a facer de crític@s literarios, así que velaquí vos deixo un complemento algo máis visual que argallaron no IES Neira Vilas...

E agora, a pregunta de rigor: que está mellor? o relato impreso ou o vídeo?

2 comentarios:

  1. daniel navarro 4 A25/01/12, 08:49

    Ainda que en vídeo está moi ben, penso que hai cousas que se poderían mellorar.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Seguro que si, Daniel. Cando empezades por Coristanco? Igual aínda nos dabades unha alegría este curso...

      Eliminar

DESPEDIDA