Rematado o traballo de campo que o alumnado de 3º realizastes durantes as vacacións de nadal, sobre a lingua presente e visíbel nos diferentes cemiterios parroquiais de Coristanco e dos concellos limítrofes, xa podemos tirar algunhas conclusións:
1. Os camposantos analizados foron os seguintes: Santa Baia, Ferreira, Oca, San Paio, Traba, Agualada, Seavia, Valenza, Couso, Xaviña, Salgueiras, Ardaña e Vimianzo.
2. A práctica totalidade das lápidas usan nas súas inscricións o castelán como única lingua.
3. As excepcións son as seguintes: tres panteóns no cemiterio da Ardaña e dúas no de Couso.
4. Unha lápida do cemiterio da Agualada contén o seguinte poema, a xeito de epitafio:
Cando era tempo de inverno
pensaba onde estarías.
Cando era tempo de sol
pensaba onde andarías.
Agora só penso que fácil é quererte
e que difícil é esquecerte.
Cales foron as vosas conclusións despois de realizardes esta tarefa de observación, investigación e reflexión?
Cales foron as vosas conclusións despois de realizardes esta tarefa de observación, investigación e reflexión?
pois eu preguntome que para que sermos galegos porque poñemos as lápidas en castelán¿?
ResponderEliminarSempre podemos facer as cousas doutra maneira se nos parece que así o debemos facer, Vivi. Ás veces, simplemente actuamos por rutina pensando que sempre se fixo así e non se pode doutra forma. Mais, claro que se pode. O mundo vira sempre grazas aos cambios que nel provocan as persoas, ás veces positivos e ás veces negativos, tamén é verdade. Neste caso, por experiencia propia sei que é simplemente cuestión de pedilo, facer saber a vontade nosa de que o galego estea visíbel nese lugar, cando chega tan delicado momento.
ResponderEliminarAinda que moitas persoas galegas se comunican na nosa lingua dia a dia, cando queren escribir documentos adoitan facelo en castelán. Por iso a maioría das lápidas dos difuntos galegos están escritas en castelán.(jose 3ºA)
ResponderEliminarEfectivamente, Jose! E ti pensas que iso tamén lle pasa a falantes doutras linguas? E cal será a razón que leva a esas persoas galegas a fiferenciar os usos para unha ou outra lingua oficial? Deixo a resposta boiando na rede para Jose e para todos os demais compas...
ResponderEliminar