07/01/12

ARRANCA O ANO CUN NOVO MES...

... á procura dos seus refráns!

Retomamos a investigación refraneira despois destas vacacións de nadal. Todo o bo remata axiña!
Xaneiro é o primeiro mes do ano no calendario gregoriano e a sabedoría popular dinos que as sortes son os primeiros doce días do mes de xaneiro e prognostican o que vai acontecer durante cada mes do ano. Así, o tempo que fai o día 1 será o tempo que fará en xaneiro, o do día 2 corresponderá a febreiro, etc.

Mentres ides botando conta do prognóstico do tempo para os vindeiros meses, eu déixovos algunhas suxestións para ir quecendo motores...

Sol de xaneiro sae tarde e ponse cedo.
Sol de xaneiro sempre tras o outeiro.
Xaneiro fóra, medrou o día máis dunha hora

Quen toma o relevo?

13 comentarios:

  1. Auga de xaneiro, cada gota val diñeiro.
    Berzas en xaneiro, saben como carneiro.
    Sol de xaneiro, pouco durareiro.

    Estes dixomos miña avoa.

    ResponderEliminar
  2. Xa están os refráns da túa avoa subidos á nube, Coral. Dálle as grazas da miña parte por aprendernos o seu saber.

    ResponderEliminar
  3. no mes de xaneiro pes no braseiro

    ResponderEliminar
  4. A listaxe segue a medrar. Graciñas, Picasa!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vivi (3ºB)16/01/12, 04:16

      Xaneiro, frío ou temperado, pásao arroupado.
      En xaneiro, sete copas e un sombreiro.

      Consultei os refráns con veciños e coa familia.

      Eliminar
    2. O que sega a herba no mes de xaneiro sega a do ano enteiro.

      Eliminar
    3. Graciñas, Brais, por esta nova engádega.

      Eliminar
    4. Vivi (3ºB)18/01/12, 04:12

      Polo río abaixo vai un pexegueiro que dá pexeguiños no mes de xaneiro.
      Polo mes de xaneiro anda o raposo arredor do palleiro.
      Polo xaneiro sega o outeiro e polo San Xoan che darán.

      Eliminar
  5. Agua de xaneiro mata ao usureiro.(jose 3ºA)

    ResponderEliminar
  6. Auga de xaneiro mata ao usureiro(jose 3ºA)

    ResponderEliminar
  7. Se queres encher o graneiro, sementa o trigo no Xaneiro(jose 3ºA)

    ResponderEliminar
  8. Graciñas, Jose, por estas novas engádegas!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Martín Fernández (3ºB)27/01/12, 01:01

      O que pela os prados en xaneiro, pélaos para o ano enteiro
      En xaneiro, planta o teu alleiro
      En xaneiro, a ovella pon o pé no salgueiro

      Recollidos do libro de recompilación oral tradicional de Coristanco, de Rosa Rial e Xan Fernández.

      Eliminar

DESPEDIDA