Dure a mala veciña o que a neve febreiriña |
Inauguramos unha nova xeira recompilatoria de refráns para o mes de febreiro.
O xa veciño mes de xaneiro conseguiu recoller, grazas á vosa activa colaboración e complicidade, máis de vinte refráns ou ditos populares. Todo un éxito!
A ver agora o que nos ofrece este novo mes que, por certo, é o máis cativo do ano... así que xa podedes apurar!
Se o día da Candelaria ríe o inverno está por vir e se chora o inverno vai fora.
ResponderEliminarGraciñas, Coral! Tomamos boa nota! Por certo, riu ou chorou o día de onte?
EliminarPor San Brais dúas horas máis.
ResponderEliminarO mes de febreiro é o máis curto do ano enteiro.
No mes de febreiro metete no fiolleiro.
A chuvia de febreiro fai o palleiro
ResponderEliminarA friaxe de febreiro é amiga do lobo larpeiro
En febreiro por cada rego un carneiro
Graciñas, Alba e Ana!
EliminarO que planta no febreiro leva as patacas no saco e trainas no sombreiro.
ResponderEliminarAdiós febreiro corto, cos teus días 28, se non fora por teu irmán marzo que che levou catro, non quedaría can nin gato, nin orellas ao carneiro nin follas ao pexegueiro. Jose 3ºA