05/02/12

XA TEMOS NOVA CITA GAÑADORA


Por maioría absolutísima, a cita sobre a lectura gañadora da enquisa da semana pasada é:

LER PARA SOÑAR, SOÑAR PARA VIVIR

Xa vos tardaba saber a quen pertencía? Quen pensaría unha cita así?

Pois foi a escritora de Cee María Canosa. Imos ver que nos conta a  rede sobre ela: 
http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor315&alias=maria-canosa

3 comentarios:

  1. Ola rapaces!!!

    Moitísimas grazas por crer que o meu xeito de soñar é merecedor da vosa confianza.
    Deume unha alegría moi grande saber que vos fixarades na miña frase.

    O que máis me gusta, é que levedes a cabo iniciativas coma esta. Estou convencida de que non serían posibles sen docentes tan especiais coma os que tedes. Profesores como Mercedes, que teñen unha sensibilidade exquisita, son un verdadeiro agasallo.

    Lede moito! E non deixedes xamais de crer nos vosos soños.

    Espero poder coñecervos algún día.

    Un bico grande.
    Moitas grazas!!!!

    María Canosa

    ResponderEliminar
  2. Non o podo crer, acaba de falar a misma María Canosa, incrible!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas, María, por abrires esta xaneliña que recolle unha parte do noso traballo de aula diario. E moitas grazas engadidas pola túa deferencia, mais asegúroche, con orgullo, que esta tarefa virtual non sería a mesma sen a complicidade e o traballo do meu alumnado. Por certo, desde xa estás convidada a nos visitares!
      Apertas grandes con forza para que sigas a escribir citas tan fermosas que nos din tanto!

      Eliminar

DESPEDIDA