Ben sabemos que non é sempre doado organizar os pensamentos. Aínda resulta de maior complexidade convertelos en argumentos e expresalos por escrito, verdade?
Pois ben, José Manuel Souto Lema, compañeiro de 3ºA conseguiuno. Velaquí o mellor texto argumentativo que escolleu o conxunto da súa aula. Parabéns, José Manuel!!!
VANTAXES E DESVANTAXES DA RADIO COMO MEDIO DE COMUNICACIÓN
Pois ben, José Manuel Souto Lema, compañeiro de 3ºA conseguiuno. Velaquí o mellor texto argumentativo que escolleu o conxunto da súa aula. Parabéns, José Manuel!!!
VANTAXES E DESVANTAXES DA RADIO COMO MEDIO DE COMUNICACIÓN
O tema que escollín para reflexionar son as vantaxes e as desvantaxes que presenta a radio fronte aos outros medios de comunicación que temos na actualidade.
A radio é un medio de comunicación que conta con numerosas e interesantes vantaxes que pasamos a enumerar:
- A radio é un medio de comunicación asequible se o compararmos coa televisión e a internet.
- A radio tamén é transportable, porque se pode levar a calquera lugar onde un vaia.
- Na radio, normalmente, emprégase un rexistro formal e culto, ao contrario que noutros medios de comunicación audiovisual.
- Ademais, non precisa dunha total atención para darse conta do que se está a falar. Este feito explica que, en determinadas empresas, se lles permita aos seus traballadores escoitaren a radio mentres realizan o seu labor.
- A radio é válida para as persoas invidentes ou para persoas maiores que non sabes ler ou xa non teñen capacidade de atención para o facer.
- Pola noite, a radio é unha gran compaña para aquelas persoas que non son capaces de conciliar o sono.
Pola contra, a radio presenta varias desvantaxes a respecto doutros medios de comunicación que pasamos a enumerar:
- A radio é un medio de comunicación vetado ás persoas con problemas auditivos.
- Asemade, non conta con imaxes que complementen a información como noutros medios, por exemplo a televisión.
- Na prensa impresa e en internet pódese atopar información cando un queira ou reler contidos que fosen de interese para un. Na radio, todo acontece de maneira inmediata e irrepetible cando a escoitas.
- Cando viaxas e atravesas lugares sen cobertura, múdase a emisora e perdes o fío do que estabas a escoitar.
- Como montar unha emisora é menos custoso ca unha canle de televisión ou un xornal, moitos grupos políticos e relixiosos se aproveitan deste feito para difundir as súas crenzas.
A miña conclusión é que, hoxe en día, contamos cunha ampla oferta de medios de comunicación, a diferenza do pasado, polo que podemos escoller libremente aquel medio que mellor se adapte aos nosos gustos ou necesidades.
Moitas grazas polos teus parabéns, Mercedes! Jose 3ºA
ResponderEliminarSabes que non son só meus, Jose, senón que a decisión sobre cal foi o mellor texto argumentativo da clase foi unánime entre todas as compañeiras e compañeiros. Reparabéns!
Eliminar