02/02/12

PENSAMENTO CREATIVO II

O HOME, O LOBO, A CABRA E O REPOLO

Un home, que viaxaba cun lobo, cunha cabra e cun repolo, debía cruzar dun lado a outro dun río. Para facelo só tiña á súa disposición un pequeno bote de remos que unicamente podía contelo a el e a un dos seus "acompañantes".
O problema para este home era que, mentres fixese as súas viaxes no bote, non podía deixar sós o lobo e a cabra, xa que esta sería comida por aquel. Pola mesma razón, tampouco podía deixar a cabra co repolo.
Mais, a pesar disto, o home conseguiu transportar todo con éxito á outra beira do río.

Como?
Esfinxe. Relatos de pensamento creativo, Carlos Medrano

3 comentarios:

  1. Primeiro leva a cabra, despois volve a polo lobo,deixao o outro lado e volve coa cabra o lugar de inicio, leva o repolo pa o outro extremo do rio xunto o lobo deixando soa cabra no comezo, volve pola cabra só mentras tan o repolo e o lobo xuntos, finalmente leva a cabra canda o lobo e o repolo e continuan o seu camiño.
    Este acertixo era moi facil.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Parabéns, Alba! Conseguíchelo! De verdade pensas que era tan doado?

      Eliminar
    2. Por suposto! Encantanme estos acertixos, fagoos muy a miúdo.

      Eliminar

DESPEDIDA