22/02/12

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este venres toca mudar de aires e trasladar as aulas ás rúas coruñesas para lembrar os pasos de Rosalía de Castro nos anos en que viviu nesta cidade coa súa familia, da man do profesor da Universidade da Coruña, Diego Pardo.

Tamén seremos recibidos na Real Academia Galega polo actual secretario, o profesor Xosé Luís Axeitos, que nos explicará o traballo que alí realizan, centrado sempre no estudo e divulgación da lingua galega. 

E haberá unha outra sorpresiña que xa verei se vos vou desvelando...

Lembrade ben o programa da xornada!

09:35: Saída do centro
10:30: Recepción na Real Academia Galega
12:00: Roteiro rosaliano
13:30: Retorno ao centro

E non esquezades os deberes! Agardo uns cadernos de viaxe ben chulos!

3 comentarios:

  1. Foi, para min, unha magnífica xornada partillada contodas e todos vós. No meu particular caderno de viaxe, esta cita do Día de Rosalía ficará gravada permanentemente.

    ResponderEliminar
  2. Paula Pose24/02/12, 13:04

    Na miña opinión, foi unha moi boa saída e creo que nos deberiamos sentir uns privilexiados tanto por poder acceder a Real Academia Galega como por poder falar con Luz Pozo. Non menos importante foi o roteiro de Rosalía de Castro exercendo un pouco de guía un profesor da Universidade de A Coruña. Amin particularmente o que máis me gustou foi poder falar con Luz Pozo, muller moi lonxeva, xa apiques de cumprir os 90 anos e a verdade é que aínda con toda a fame que ten e os premios que leva xa consigo é unha muller moi agradable e moi humilde. De verdade que esta excursion e de agradecer moitísimo foi unha gran oportunidade para nós!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégranme moito as túas palabras, Paula!

      Eliminar

DESPEDIDA