24/01/12

PENSAMENTO CREATIVO

Imos ver como anda ese pensamento creativo lanzándovos un reto: quen é capaz de resolver este enigmático relato que nos propón Carlos Medrano no seu libro Esfinxe. Relatos de pensamento creativo

Premio para o primeiro ou primeira en chegar! Quen será?



UNHA MOSCA NO CAFÉ
En certa ocasión, o restaurante "O Galo Gaiteiro" recibiu a visita de César Cazolas, o máis prestixioso crítico gastronómico do país. Os donos do establecemento, sabedores de que Cazolas era moi esixente e meticuloso, procuraron ofrecerlle as súas mellores especialidades e o trato máis atento.

Todo parecía ir sobre rodas: o crítico xa estaba na sobremesa e acababan de servirlle un café que pedira. Os donos do restaurante xa ían levarlle persoalmente unha copa de licor, obsequio da casa, cando o crítico Cazolas pediu que lle cambiasen o café. Topara nel unha mosca!

Un camareiro foi ata alí decontado, pediulle mil desculpas e retiroulle a cunca. Case deseguido volveu da cociña cun novo café e serviullo ao crítico. Os donos estaban máis tranquilos pola dilixente reacción do camareiro. Non obstante, César Cazolas, despois de tomar un pequeno grolo, berrou:

- Isto é unha vergoña! Este café é o mesmo que me serviran antes!

Para desgraza dos donos de "O Galo Gaiteiro" isto era verdade.

Como o soubo César Cazolas?

4 comentarios:

  1. Porque se decatara de que tiña o azucre que el botara.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Efectivamente, Carracedo! O grande Rodrigo, de 3ºA, por fin se atreve a comentar publicamente no noso blog común, e faino para gañar a proba! Xa lle podemos ir facendo a onda...
      Parabéns!

      Eliminar
  2. caxis non me dera de conta

    ResponderEliminar

DESPEDIDA