02/04/12

REQUIEM POLAS FRAGAS DO EUME

As galegas e os galegos estamos a perder desde o pasado sábado o noso maior parque natural: as FRAGAS DO EUME. Un patrimonio protexido, un excepcional e practicamente único bosque atlántico que desde Europa se recoñeceu en 1997. 

As persoas que o temos visitado sabemos da súa fermosura, do seu impacto visual produto dunha natureza explosiva e fértil. As Fragas do Eume eran unha escola viva onde a natureza nos daba unha boa lección. Quen non tivo a sorte de coñecelo xa non poderá vivir a sensación única da súa descuberta nin a multiplicidade de cores e olores naturais.

A irresponsabilidade dalgunhas persoas coloca a especie humana en situacións ben contraditorias imposíbeis de entender. Eu hoxe non estou a entender nada!

3 comentarios:

  1. Podedes localizar moita información sobre esta noa de hoxe, mais deixo por aquí este enlace que focaliza a atención no que as Fragas do Eume eran: http://www.dioivo.eu/portada/454-as-fragas-do-eume-a-perda-dalgo-mais-que-un-bosque

    ResponderEliminar
  2. É un feito terrible e unha desgraza enorme... :S Dame moita pena porque era un lugar que pagaba a pena visitar xa que era precioso. Esperemos que se poida recuperar a súa vitalidade nun futuro achegado.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Imos confiar neste dito ancestral que nos lembra que a natureza é sabia. Mais o certo é que o ser humano llo pon bastante difícil, non si?

      Eliminar

DESPEDIDA