Hoxe vin polo centro as vosas caras con expresións moi variadas...
Agora xa foi, así que non hai desculpas que vallan; o trimestre rematou, imos descansar (un chisquiño) e retomar con enerxía o último trimestre deste curso, que aínda parece que empezou onte e xa case empeza a se despedir.
Dentro de nada, unha boa parte desa magnífica "xentiña" de 4º verán culminado o seu máximo desexo para este curso, despois de aprobar todo, por suposto: PARÍS!!!
E @s de 3º seguro que tamén andades copiando retallos e tomando boa nota do proceso para o ano próximo!
E para gañar a enerxía precisa, nada hai mellor na nosa sabia cultura galega que obriga os padriños e madriñas a cumpriren os seus compromisos...
Para todos e todas... deséxovos unha BOA PASCUA!!! Vémonos a partir do día 10 de abril...(preferentemente cos deberes feitos!)
Igualmente(:
ResponderEliminarGraciñas, Irene! Pásao ben e prepárate para a recta final de curso.
EliminarMoitas graciñas Mercedes! Igualmente
ResponderEliminarpd: deitate cedo xDDDDDD
E ti tamén, mociña! Pásao ben e non esquezas que hai que retornar ben vitaminada... ;-D
Eliminar