19/03/12

NAS VÉSPERAS DO DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Deixádevos levar por esta fermosa canción, pura poesía, interpretada polos grandísimos Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero. A letra é de Carlos Rivero Troncoso. Ogallá vos guste como eu gustei dela!

Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón
pon o teu nome e no mar
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area
có tinteiro de alborada
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase
ían saber a vainilla
as augas dos sete mares.

Con branco fío de seda
vouno bordar na bandeira
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra Cuba non meu amor
quero que vaia o meu nome
prá illa de Curaçao.

2 comentarios:

  1. Que gozada!
    Feliz curso para A lingua de Alcaián.

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas08/10/12, 05:05

    Moitísimas grazas, Pilar! Andamos arrancando aos pouquiños.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA