Xa está en marcha a nova recompilación de refráns propios do tempo de marzo, o mes que venta a entrada da primavera.
Velaquí algunhas suxestións para irdes quecendo motores...
Cando marzo abrilea, abril marcea
Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín
Día de san Xosé, primeira anduriña se ve
Marzo, marzán, pola mañán cara de can e pola tarde un bo barrigán.
ResponderEliminarMarzo, espigarzo; abril, pìnduril; maio granado; San Xoan, logrado e pola Santa Mariña metido na súa orguiña.
Moitas grazas, Aleixandre!
EliminarMarzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso.
ResponderEliminarMoitísimas grazas, Coral! Aló vai para a nosa listaxe común...
EliminarComo marzo volva o rabo, non queda nin pastor nin gando.
ResponderEliminarEn marzo saca a cabeza o lagarto.
O sol de marzo, de rego lle sirve ao campo.
Se marzo non marcea, abril ventisquea.
jose 3ºA
Graciñas, coma sempre, Jose!
Eliminar