30/03/12

NOVO DICIONARIO EN LIÑA DA RAG

Quen lembra o significado destas palabras latinas que nos comentou Luz Pozo?
Chegou a nova que estabamos agardando desde hai moito tempo. E vós e eu fomos algo privilexiados porque xa nola anunciou o secretario da Real Academia Galega cando nos recibiu o Día de Rosalía de Castro. Lembrades?
Con máis de 50.000 entradas, o novo Dicionario da Real Academia Galega pódese consultar en liña. Unha necesaria ferramenta para resolvermos axiña as nosas dúbidas lingüísticas e ampliarmos vocabulario. Moi útil tamén para todas as persoas estranxeiras que estudan galego, pois o dicionario conta cunha base de datos que permite escoitar a realización sonora das palabras.

Velaquí vos deixo un enlace imperdíbel desde xa!

http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA