12/03/12

SEMANA DA PRENSA

Hoxe inauguramos a Semana da Prensa lendo a crónica que o Dioivo, o novo xornal dixital galego -e en galego- nos ofrecía. Toda unha regalía para os deportivistas branquiazuis!!!

Xa choveu desde aquel xornal inaugural da historia do xornalismo en galego que se remonta ao século XIX: O Tío Marcos da Portela, de Valentín Lamas Carvajal...


Pois ben, propóñovos que ao longo desta semana fagamos, conxuntamente, unha procura de todas aquelas cabeceiras informativas, impresas e dixitais, en galego que achedes. Unha vez recollidas, crearémoslle a súa sección de PRENSA no blog para a nosa consulta das novas diarias.

Empezamos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA