Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

20 abr. 2012

LIBRO IMPRESO OU DIXITAL?

Pensades que poden convivir os dous formatos de lectura? Ou a lectura dixital anulará a lectura analóxica?


5 comentarios:

  1. Eu penso que poden convivir xuntos perfectamente porque sempre hai xente para todo e haberá un gran número de xente á que lle guste ler os libros en formato impreso, o tradicional, e haberá tamén un número similar de xente á que lle guste máis o formato dixital polo que un formato non ten por que desbancar ao outro. Eu persoalmente, a pesares de ser unha gran fan da tecnoloxía en xeral, penso que me incluiría no grupo de xente que prefire o formato de libros impreso. :D

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Concordo contigo, Jenny. Se cadra é unha idea demasiado romántica, mais o tacto e o olor dun libro nunca será suplido por un aparello electrónico. Con todo, poden convivir perfectamente e cada un especializarse en funcións diferentes, ao meu ver.

      Eliminar
  2. Sara Olmedo24/4/12 2:56

    Eu a verdade é que lle teño un gran "amor" aos libros,e o que máis me gusta facer neles é marcalos co meu nome e data, para no futuro conservalos como dende pequena mo aprendiu miña nai. Doulle un gran valor, mais non vou negar que estou a ver se merco un electrónico. Terá moitas vantaxe pero o electrónico pero como ben dixeches,non podes ulir o arrecendo a papel recén estreado e a tinta.
    Supoño que inda que o merque, a maioría dos meus libros serán en papel, e espero que tanto a tecnoloxía como o "tradicional" poidan convivir unha vez máis xuntos.
    (Jenny, supereite en texto ;D)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alegrome da túa felicidade polo de superarme en texto jajaja

      Eliminar
  3. Mercedes Queixas24/4/12 3:14

    Pois cando practiques esa convivencia de formatos de lectura, cóntanos a experiencia, Sara, e continuaremos aprendendo...

    ResponderEliminar