Nos primeiros meses deste curso descubrín, grazas a vós, naquela viaxe cultural que nos levou á Pontevedra de Castelao, aquela canción que logo escoitei reiteradamente: "Ai, se eu te pego", do brasileiro Michael Teló.
Agora tócame partillar convosco un cantante que descubrín por un acaso hai uns días. Chámase André Sardet e é o cantante máis famoso de Portugal.
Pregúntome se vos resulta moi complexo comprender a letra desta fermosa balada titulada "Adivinha quanto gosto de ti".
Hai tanta distancia entre o galego e o portugués actual?
Asegúrovos que ao vivo soaba de marabilla!
Eu pola miña parte sempre dixen que o portugués e o galego son irmáns. Creo que ningún de nos debería ter ningún problema para entender esta lingua.
ResponderEliminarA canción é boa proba disto, non é, Sara?
ResponderEliminarMercedes, creo que descubriches un novo Hit para cantar e bailar na clase ¡¡ Grazas ;D
ResponderEliminarEstupendo! A cantar e a bailar, entón!
Eliminar