Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

4 abr. 2012

REFRANEIRO DE ABRIL

Malia estarmos en tempo de descanso, e ben merecido!, non esquezades que este mesmo tempo segue a correr. Rematou marzo e xa arrancou abril, así que o noso refraneiro volve acoller os vosos refráns para este mes. A que agardades?

Velaí van os primeiriños:

A choiva no abril dá millo e dá pan
Abril atoldado e pouco mollado
Abril, para ser abril, ten que vir con augas mil
Abril que non chove deixa o labrego probe

9 comentarios:

  1. Anónimo9/4/12 2:49

    Abril que trona, anuncia colleita boa.
    Abril frío, moito pan e pouco viño.
    En abril cada gota vale por mil.
    Jose 3ºA

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mercedes Queixas9/4/12 11:25

      Graciñas, Jose, por estares sempre aí, atento e puntualmente refraneiro.

      Eliminar
    2. Vivi 3ºB11/4/12 1:27

      En abril queima a vella o mandil.
      A muller de bo aliño, cría, fía,debanda e vende o liño

      Eliminar
    3. Graciñas, Viviana! Polo de agora van saíndo refráns alusivos a un mes moi chuviñento, non é? E mesmo parece que ten razón! Que chova, que chova!

      Eliminar
  2. En abril, cear sen candil.
    En abril, augas mil, todas collen nun barril.

    Alexandre 1ºA

    ResponderEliminar
  3. Marzo ventoso, abril chuvioso, deixan maio florido e fermoso.

    Jonathan 1ºA

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mercedes Queixas17/4/12 2:27

      Abril abrilete, o mes do ramillete.
      Úrsula (1ºA)

      Eliminar
  4. Alba 3ºA17/4/12 7:03

    En abril augas mil, se non ao principio, ao medio ou ao fin.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mercedes Queixas17/4/12 7:49

      Que atinado este refrán nestes días, non si, Alba?

      Eliminar