Malia estarmos en tempo de descanso, e ben merecido!, non esquezades que este mesmo tempo segue a correr. Rematou marzo e xa arrancou abril, así que o noso refraneiro volve acoller os vosos refráns para este mes. A que agardades?
Velaí van os primeiriños:
A choiva no abril dá millo e dá pan
Abril atoldado e pouco mollado
Abril, para ser abril, ten que vir con augas mil
Abril que non chove deixa o labrego probe
Abril que trona, anuncia colleita boa.
ResponderEliminarAbril frío, moito pan e pouco viño.
En abril cada gota vale por mil.
Jose 3ºA
Graciñas, Jose, por estares sempre aí, atento e puntualmente refraneiro.
EliminarEn abril queima a vella o mandil.
EliminarA muller de bo aliño, cría, fía,debanda e vende o liño
Graciñas, Viviana! Polo de agora van saíndo refráns alusivos a un mes moi chuviñento, non é? E mesmo parece que ten razón! Que chova, que chova!
EliminarEn abril, cear sen candil.
ResponderEliminarEn abril, augas mil, todas collen nun barril.
Alexandre 1ºA
Marzo ventoso, abril chuvioso, deixan maio florido e fermoso.
ResponderEliminarJonathan 1ºA
Abril abrilete, o mes do ramillete.
EliminarÚrsula (1ºA)
En abril augas mil, se non ao principio, ao medio ou ao fin.
ResponderEliminarQue atinado este refrán nestes días, non si, Alba?
Eliminar