Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

1 oct. 2013

MÚSICAS ROSALIANAS

 
O último traballo discográfico a partir dos poemas de Rosalía de Castro foi musicado polo sexteto Tempo Catro e editado en días pasados pola Asociación Socio Pedagóxica Galega.
O disco titúlase Os ollos que falan e podemos gorentar aquí o anticipo do tema inspirado no poema "Cantan os galos pra o día".
Que vos pareceu esta revisión musical rosaliana actual?

2 comentarios:

  1. Paula Pose2/10/13 13:11

    Da gusto poder escoitar os poemas dunha das máis grandes da literatura galega. Enorgullecenos como galegos, pensade e reflexionade. Despois de tantos tantos anos, Rosalía non morreu, podemos recordar e transmitir os seus poemas de xeración en xeración ben sexa a través da escrita ou dunha maneira musicada.
    Mercedes, quero desexar que este curso que comeza sexa con ganas e sigas así loitando por reivindicar a nosa amada Galicia. E os mozos e mozas de 3º e 4º que se poñan as pilas e a estudiar lingua galega, apreciade a profesora que tedes que ides aprender moito e se non vos gusta xa a votaredes en falta cando deixe de impartir clase para vós!!!
    Mercedes, sigueo facendo tan ben como ata ó de agora, porque hai xente que está orgullosa que en Galicia se poida contar con persoas coma ti.
    Un saúdo e moitos bicos!!!

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas2/10/13 13:56

    Ola, Paula!

    Que alegría saber que aínda non te esqueceches de nós! Moitas grazas polas palabras tan xenerosas que dedicas ao meu traballo, mais non esquezas que non é individual, é tamén o resultado da colaboración e implicación do alumnado, sen o cal sería imposíbel ou cando menos moi diferente.

    Lembrámoste e lembrámosvos, non o o dubides! Por iso che desexamos neste curso, que viste tantos traxes novos do trinque para ti, todo o alento do mundo para conseguires as metas que te propoñas.

    Unha aperta grande, Paula, para ti! Agardamos a túa visita!

    ResponderEliminar