Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

4 oct. 2013

DESCUBRINDO BERGANTIÑOS NAS SÚAS XENTES


As compañeiras de 3ºB Valeria Mato, Sara Costa e Natalia Souto achégannos esta breve reseña biográfica do persoeiro bergantiñán que andou estas semanas pola Lingua de Alcaián, Xurxo Borrazás.

Cedémoslle a palabra a estas mozas investigadoras:

Xurxo Borrazás naceu un 6 de agosto de 1963 en Carballo, aínda que dende 1990 vive en Vigo. É licenciado en Filoloxía inglesa e é coñecido, fundamentalmente, como narrador, aínda que tamén ten publicado ensaios e tradución de literatura inglesa para o galego.

As pezas narrativas publicadas ata a actualidade son:

- Cabeza de chorlito (1991)
- Criminal (1994): Premio da Crítica Española e Premio San Clemente
- Eu é (1996)
- Contos mavados (1998)
 - Na maleta (2000): Premio Antón Losada Diéguez
- Pensamentos impuros (2002)
- Ser ou non (2004)
- Costa Norte/ZFK (2008)
- Covalladas. Prosa vertical (2010)

Algunhas das súas obras son citadas como referentes da narrativa posmoderna. Os seus relatos breves están espallados en moitas obras colectivas.

En moitos dos seus textos pódese recoñecer a súa identidade carballesa, mais sorprende a ambientación da súa novela Costa Norte/ZFK en Razo

Moitas grazas Valeria, Sara e Natalia por partillardes o voso traballo connosco!

Quen será o róximo persoeiro bergantiñán que descubriremos?

2 comentarios:

  1. Sara Costa5/10/13 6:05

    Non hai que dar as grazas xa que foi un pracer.

    ResponderEliminar
  2. Mercedes8/10/13 2:55

    As grazas hai que as dar sempre, Sara.E con maior razón cando se trata de traballo voluntario coma neste caso. Non deixes de recuncar!!!

    ResponderEliminar