Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

8 oct. 2013

DE CASTELAO A NATALIA SOUTO

Logo de rematarmos en 3º ESO a lectura das Cousas de Castelao, a compañeira de 3º B bríndanos a súa valoración persoal desta lectura.

Graciñas por compartírela connosco, Natalia!

Ilustración do relato O pai de Migueliño


Neste libro, a través de 45 relatos breves, Castelao reflexa a Galicia nunha época de pobreza e dificultades na que a xente se vía obrigada a emigrar ás Américas.

A través destes relatos Castelao acércanos á vida deses momentos históricos.

Cabe destacar a súa forma de escribir, sen dúbida inconfundible pola maneira de expresarse.

Ademais, cada relato vai acompañado dun debuxo feito polo propio autor, no que se recolle a idea principal.

Dalgún xeito, esta lectura lembroume que a realidade que se recolle en moitos destes relatos parece que está volvendo a aparecer.

2 comentarios:

  1. Suso and Martinii Ferni9/10/13 8:43

    Un día destes acabaremos de facer o crucigrama que non poidemos rematar Mercedes

    ResponderEliminar
  2. Seguimos agardando por vós! Non o esquecemos!!!! Moitas grazas por continuar atentos ao noso traballo desde a outra banda do Anllóns...

    ResponderEliminar