Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

30 sept. 2013

VERSOS DE OUTONO

 
É  OUTONO NO COUREL
(Uxío Novoneyra)
 
 Veu o tempo morno do Outono.
Os días son tardes longas...
O aire é unha cousa...
 
Caen as follas...
Sinto unha cousa
que se pousa en min e non me toca...

 Anda o vento ceibe polos eidos
con todas as ás soltas,
empreña os castiñeiros,
ripa as lousas dos teitos
e escachafoula nas portas.

Chove no monte e nas viñas.
 Chove pausiño prás sombras,
chove prá baixo e prá riba.
O aire de soño en soño,
a auga pinga que pinga...

3 comentarios:

  1. Despois de gozar unha e outra vez deste magnífico poema de Uxío Novoneyra, volvede á crúa realidade e lembrade a gratificante tarefa encomendada na sesión de hoxe: elaborar, en parellas, un novo poema respectando os inicios de cada verso.

    Está permitido escoitar a Vivaldi na súa recreación musical do outono: http://www.youtube.com/watch?v=nNH1uZetbro

    Tamén podedes inspirarvos no poema titulado "As catro estacións" que o seu autor, Francisco Castro le no blog do club de lectura, na nova sección AUDIOLECTURAS: http://coristranca.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
  2. Daniel Camafreita Vilas1/10/13 9:38

    Hoxe algúns alumnos de 3ºA xa recitamos os nosos pero estamos impacientes por que chegue o xoves para escoitar os poemas dos demais. Somos futuros poetas!

    ResponderEliminar
  3. Pois claro que sodes poetas! Acaso alguén o dubidaba? A ver que poemas van chegar a asomar por esta xanela!!!

    ResponderEliminar