Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

15 sept. 2013

MENSAXE DE BENVIDA



O blog Lingua de Alcaián dávos a benvida ao Curso 2013-2014!

Día a día, entrada a entrada, coa vosa axuda crearemos aquí unha casa virtual que nos acolla no proceso de formación e aprendizaxe ao redor da materia de lingua e literatura galega en 3º e 4º de ESO.


Para ti e para ti, alumnado experimentado de 4º, non é novo, pois xa vivistes esta experiencia o curso pasado, así que é importante que nos axudades a presentalo aos novos compañeiros e compañeiras de 3º, expectantes, que se van atopar de novas fronte a estes pantallazos diarios.

Que lles suxerides? 

        Que lles podedes avanzar? 

               Que pode acontecer por aquí? 

                        En que medida Lingua de Alcaián precisa de vós?

4 comentarios:

  1. Martin Fernandez16/9/13 8:08

    Eu suxiro que falen galego, é o mellor que poden facer, o mellor que teñen na súa vida, é o seu tesouro. E que non me entere eu de que non haxa quen normalice aos compañeiros eh, vou eu se fai falla

    ResponderEliminar
  2. Sara Costa18/9/13 6:12

    Grazas polo consello Martín tereino en conta e xa che comentarei se dou resultado.

    ResponderEliminar
  3. Mercedes Queixas18/9/13 13:04

    Graciñas Martín por esas palabras tan convincentes. Desexámosche desde aquí unha feliz travesía escolar polo novo instituto carballés. Ah! Por suposto que estrañaremos o teu humor e o poder das túas imitacións!!!

    ResponderEliminar
  4. Mercedes Queixas18/9/13 13:06

    Benvida, Sara, a esta nova forma de traballarmos nas aulas de lingua e literatura galega. Inauguras a sección comentarios, así que a ver quen se atreve a copiarche!!!!!!

    ResponderEliminar