Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

21 jun. 2013

DESPEDIDA

Chegou o momento tan agardado da fin de curso e das despedidas.

Desde a "Lingua de Alcaián" queremos mandarvos un saúdo moi especial ao alumnado de 4º. Moita sorte no voso novo destino académico!!!! E non esquezades volver de cando en vez para manternos ao día das vosas andainas.

E o alumnado de 3º... xa sabedes o que vos agarda o ano que vén... moitísimo máis curro e aínda mellores experiencias de aprendizaxe compartida!!!

A todas e todos vós desexámosvos...


3 comentarios:

  1. Anónimo23/6/13 8:17

    Moitas grazas a todos os profesores e a todos os alumnos cos que coincidín nestes 4 maravillosos anos da nosa andaina pola ESO! Un saúdo a todos, e a continuar así ou mellor aínda!!! jose 4º

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas25/6/13 9:18

    Moitas grazas por esta fermosa lembranza, José Manuel. Goza dese estupendo verán tan merecido que che corresponde e boa viaxe por ese mundo do bacharelato carballés. Visítanos de cando en vez!

    ResponderEliminar
  3. Rubén 4º22/7/13 13:02

    Desde Xaviña quero darlle as grazas de todo corazón aos profesores que tubemos todos estes anos que foron sensacionais e como non, a todos os alumnos cos que coincidín na clase e sen ser na clase porque son todos unhas grandes persoas. Saúdos a todos, e a seguir sendo tan grandes!

    ResponderEliminar