29/09/13

SEXAMOS OBXECTIVOS ... OU NON

Iniciamos a primeira unidade do libro de texto de 4º ESO aprendendo a recoñecer marcas de obxectividade e/ou subxectividade nun texto impreso. Non é tarefa doada, pois esixe algo de lectura atenta e moito de capacidade de reflexión.

O blog axudaranos a traballar diferentes modelos para avanzarmos nese recoñecemento imprescindíbel para sermos persoas realmente informadas.

 Hoxe imos comezar por este artigo de opinión publicado hoxe no xornal dixital Praza Pública, asinado polo persoeiro bergantiñán que na última semana nos acompañou nesta porta principal: o escritor carballés Xurxo Borrazás. 



Logo da lectura, deberedes procurar as marcas de subxectividade propias dun artigo de opinión como este. Lembrade que no libro de texto (p. 16) dispoñemos dun esquema sintético que ha ser boa guía.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA