25/09/13

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS






Hoxe, 26 de setembro, celébrase o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS, unha efeméride organizada polo Consello de Europa e a Unión Europea coa finalidade de festexar a diversidade lingüística e cultural europea e promover a aprendizaxe das linguas.


Cantas linguas se falan en Europa? Podemos identificar, sen pararnos moito tempo a pensar, dez desas linguas? Só en caso de urxencia extrema, podedes consultar este enlace.

Imos achegarnos da man desta presentación a esa realidade diversa e plural que tanto enriquece o ser humano e á que nós contribuímos desde o galego.

E, finalmente, imos concluír este paseo plurilingüe coa realización desta webquest, de forma individual. A tarefa que entregaredes por escrito será a resposta á gran pregunta final.

13 comentarios:

  1. Judith Martínez26/09/13, 09:36

    é incríble a de linguas que existen e as poucas que coñecemos...

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas27/09/13, 04:03

    Por iso é tan difícil valorar e respectar algo cando non se coñece, non si? O importante desta tarefa é termos coñecido esa realidade que ás veces nos é tan nova e ter aprendido cantos milleiros de formas diferentes de construción, representación e expresión do mundo diferentes conviven nas comunidades humanas do mundo. Todas elas achegan riqueza a esa pluralidade lingüística.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Judith Martínez27/09/13, 12:57

      si, o problema é que os estatutos non recoñecen a gran maioría de linguas, cando moitas delas están morrendo e tan só se coñecen esas 6 que escoitamos nos medios de comunicación cada día...

      Eliminar
  3. Vanesa Varela27/09/13, 08:26

    Mercedes, hai un dos recursos que non vai.

    ResponderEliminar
  4. Cal? Comprobeinos agora todos e non me dá ningún problema, Vanesa. Podes reintentalo, por favor?

    ResponderEliminar
  5. Vanesa Varela27/09/13, 11:31

    Sigue sen irme Linguamon. Vive un mundo de linguas! este.Os demáis vanme perfectamente...

    ResponderEliminar
  6. Vanesa Varela27/09/13, 11:32

    Sigue sen irme Linguamon. Vive un mundo de linguas! este.Os demáis vanme perfectamente...

    ResponderEliminar
  7. Pois a ver se desde aquí vai: http://www10.gencat.net/pres_casa_llengues/AppJava/frontend/llengues_cerca_resultats.jsp?continent=1&idioma=9&llistat=1

    ResponderEliminar
  8. Vanesa Varela29/09/13, 05:47

    Segue sen ir... :( E non sei porque,e é ese so.

    ResponderEliminar
  9. Como dixeches ti Mercedes, hoxe na clase, todas as linguas son importantes pero é incríble que haxa moitas sen recoñecemento no estatuto, porque unha lingua como por exemplo a nosa no se debería de perder.

    ResponderEliminar
  10. Iria Castiñeira04/10/13, 13:27

    As linguas conséguese que perduren falándoas, valorándoas, e non deixando que que se substitúian por outras ás que se lle da máis valor na sociedade.

    ResponderEliminar
  11. Non se pode deixar de falar unha lingua se non vaise perdendo pouco a pouco e o final desaparece

    ResponderEliminar
  12. Falar, escribir, recoñecer legalmente e valorar, velaí as claves que vós destes, Leti, Iria e Fátima, para que calquera lingua do mundo, e por suposto tamén a nosa, escriba o seu futuro. Agora somos nós os protagonistas do capítulo da historia que dentro dun tempo se contará e das decisións que tomemos dependerá ese futuro.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA